Saturday 27 de April de 2024

O corte da auga pola presenza de cinzas amplíase a outros núcleos da Pobra


O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que as recentes chuvias tamén arrastraron cinzas dos incendios forestais aos mananciais que fornecen de auga o depósito de Vilas. Esta circunstancia fai que se efectúen cortes na subministración que afectarán os núcleos de Vilas, O Cruceiro Novo, Campomuíños, A Recosta, Santo Isidro e A Conga. Estímase que se verán afectados uns 80 domicilios durante 4 horas.

A empresa concesionaria do servizo continúa a traballar para o restablecemento da rede.